Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 1998 Páx. 240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/337-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. de Pite.

Situación: Teo.

Características técnicas: liña de baixa tensión aérea de 2,649 km con orixe no centro de transformación aéreo Xermade, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 3,354 km con orixe no centro de transformación aéreo de Pite, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 5,518 km con orixe no centro de transformación Vilariño-Campos, en conductor R.Z., sobre apoios de formigón e fibra de vidro. Liña de baixa tensión aérea 0,87 km con orixe no centro de transformación caseta instituto Cacheiras, conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 4,19 km con orixe no centro de transformación aéreo de Rarís, conductor R.Z. sobre apoios de formigón e fibra de vidro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10340