Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 74

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (8/1997).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia da procuradora Buño Vázquez, en nome e representación de Mercedes Trigo Duarte, contra Isabel Castro Vila, Manuel Trigo Castro, María Rosa Trigo Castro, Teresa Trigo Castro e Carmen Trigo Castro, dictouse con data do 22 de outubro de 1997, a sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

En Carballo o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Carballo e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, sucesións núm. 8/1997, seguidos por instancia de Mercedes Trigo Duarte, con DNI 11.774.561, domiciliada en Avda. Garibaldi 2859, apart. 1705 (Montevideo-Uruguai), representada pola procuradora Narcisa Buño Vázquez e defendida pola letrada Ana Mª Regueira

Lavandeira, contra Isabel Castro Vila, domiciliada en Liñeiro-Cances (Carballo), Manuel Trigo Castro, domiciliado en Pasantes-Vimianzo (Corcubión- A Coruña), María Rosa Trigo Castro, domiciliada en Mirón-Bertoa (Carballo), Teresa Trigo Castro, domiciliada en Liñeiro-Cances (Carballo), representados polo procurador Carlos Cambón Penedo e asistidos polo letrado Eduardo Castro García, e contra Carmen Trigo Castro, con domicilio en ignorado paradoiro, e declarada en rebeldía, sobre sucesións.

Decido que estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Buño Vázquez, en nome e representación de Mercedes Trigo Duarte en contra de Isabel Castro Vila, Manuel, María Rosa, Teresa e Carmen Trigo Castro e, na súa virtude, declaro que Mercedes Trigo Duarte foi pretírida intencionalmente no seu testamento por parte de Alfredo Trigo Romay, sendo herdeira lexitimaria deste, debendo reduci-las institucións de herdeiros ou, se é o caso, legados, melloras e demais disposicións testamentarias realizadas polo causante no seu último testamento, co fin de garanti-la lexítima que lle corresponde á herdeira forzosa pretírida, levando a cabo as correspondentes operacións particionais para tales efectos. Todo iso sen facer expresa imposición de custas. Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte día da súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Déixese testemuño da presente resolución nos autos ós que se refire e

arquívese o orixinal no libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E en cumprimento do acordado, para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que lle sirva de notificación á demandada rebelde Carmen Trigo Castro, en ignorado paradoiro, expídese a presente resolución en Carballo o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9727