Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 74

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, a Juan Antonio Hernández Les (praza 1440/1996).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 9 de xaneiro de 1997 (BOE do 8 de febreiro de 1997) para a provisión da praza de profesor titular da universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Juan Antonio Hernández Les, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o apartado do artígo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Antonio Hernández Les, profesor titular da universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago

de Compostela

9666