Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 74

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (196/1996-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 196/1996-10, por instancia de Alberto Rojo Alonso, contra Roberto Fernández Vilela e outro, e nas súas actuacións consta a sentencia dictada pola Audiencia Provincial da Coruña, en virtude de recurso de apelación interposto contra a dictada por este xul

gado, cun encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor literal:

«María Josefa Ruis Tovar, maxistrada, como tribunal unipersoal da sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia;

A Coruña, 28 de febreiro de 1997.

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, en xuízo de faltas número 196/1997, seguido por lesións en agresión, no que figuran como apelantes Roberto Fernández Vilela e José Manuel Cepeda Rodríguez e, como apelados, o Ministerio Fiscal e Alberto Rojo Alonso, decido:

Que, desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada o día 18 de xullo de 1996 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, na causa de que dimana o presente rolo, debo confirmala e confírmoa na súa integridade, con declaración de oficio das custas do presente recurso.

E expídase ó xulgado que proceda certificación da presente resolución, con devolución das dilixencias que remitiu para a súa execución.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ó rolo da súa razón definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación a Roberto Fernández Vilela, expido e asino en Santiago de Compostela o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

9947