Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 26

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (79/1997-11).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e certifica:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas nº 79/1997, por furto, nos que se dictou sen

tencia, cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e sete.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 79/1997, seguidos neste xulgado, sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Magdalena Tojo Esteban e o denunciado Ramón Jesús Delgado Mera.

Decido: que debo condenar e condeno a Ramón Jesús Delgado Mera, como autor dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de duascentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó denunciado Ramón Jesús Delgado Mera, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o un de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

10375