Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 26

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito 17/87, en aval bancario.

Extraviado o resgardo do depósito en aval bancario número 17/1987, constituído na caixa de depósitos da Delegación Territorial de Economía e Facenda de Pontevedra coa data do 8 de abril de 1987, por importe de 6.000.000 de ptas., sendo o propietario

do metálico o Banco Simeón e o garantido Recreativos J.R. S.L., faise público para que no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, poida alegarse por terceiro o que coide oportuno, advertíndose que, transcorrido o referido prazo, se expedirá o lnovo resgardo que anulará o primeiro.

Pontevedra, 17 de outubro de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

10223