Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 27

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 5 de decembro de 1997, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo en aval bancario número 3826/1992, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito defintitivo número 3826/1992 con data do 21-12-1992, por importe de 605.498 ptas., constituído na caixa de depósitos desta delegación en aval bancario, garantindo a Amando S.A., ante a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, para responder da obra de iluminación pública na C.N.525 do P.K. 18.600 ó 22.300 formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, r/ Progreso, 38 entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen mais trámite á excepción do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá surtir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 5 de decembro de 1997.

Norberto-F Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

9795