Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 26

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (72/1997-09).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 72/1997, por lesións en agresión, dictouse sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal que segue:

En Santiago de Compostela o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia: vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 72/1997, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal en representación da acción pública, como denunciantes-denunciados Francisco Juan Maceiras Montero, Manuel León Lorenzo, Manuel Pérez García, Mario Araújo Ledo e Óscar Gómez. (Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos xurídicos). Decido que debo condenar e condeno a Manuel León Lorenzo, como autor dunha falta de lesións, á pena de multa de dous meses, fixando o importe da cota diaria de pena de multa na contía de cincocentas pesetas, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. En concepto de

responsabilidade civil o condenado deberá indemnizar a Francisco Juan Maceiras Montero na cantidade de 70.000 pesestas polos días de curación e dano moral e 23.805 pesetas por gastos hospitalarios. Así mesmo, condénoo ó pagamento das costas procesuais. E debo absolver e absolvo libremente a Francisco Juan Maceiras Montero, Manuel Pérez García, Mario Araújo Ledo e Óscar Gómez Pérez da falta de lesións pola que foron denunciados. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación na forma que dipoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que levará certificación ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa publicación no DOG e para que lles sirva de notificación en forma a Manuel León Lorenzo, Mario Araújo Ledo e Óscar Gómez Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o un de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

9801