Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 25

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (434/1997-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que nos presentes autos de xuízo executivo seguidos ante este xulgado co número 434/1997, promovido polo Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador García-Píccoli contra a empresa Recauchutados y Cubiertas (Maypa) S.L., e outros, sobre reclamación da cantidade de 5.214.126 pesetas importe do principal, 14.750 pesetas para gastos e 2.500.000 pesetas para xuros e gastos, e dado que a empresa Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L. se atopa en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítase co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en autos en legal forma, e se opoña á execución se lle conviñer, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición e apercibíndoo de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelo

citar ni facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos seguintes bens:

1. Rústico. Predio número 494 do plano xeral, terreo dedicado a monte, sito en Matalobos, Toedo, A Estrada, no lugar de Soutiño, de 20 áreas e 10 centiáreas. Dentro deste predio contruíuse unha nave industrial de 440 metros cadrados. Anexo a ela está o resto do terreo sen edificar, nave e terreo unidos forman un só predio. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada, no tomo 560, libro 447, folio 160, predio 50.865 triplicado-N, inscrición oitava.

2. Devolucións fiscais que por IVE e IRPF lle correspondan.

3. Participacións sociais na entidade Neumáticos Mayfra (ou Mayfre), S.L.

E para que lle conste e sirva de citación en legal forma á empresa demandada en ignorado paradoiro, expído e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o un de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9840