Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 25

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (479/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo executivo 479/1997, que se segue neste xulgado por instancia de Banco de Galicia, S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo, contra María Teresa Ramos Vigo e herdanza xacente de José Pájaro Castelao, por medio da presente cédula requíreselles de pagamento a herdanza xacente ou descoñecidos e incertos herdeiros de José Pájaro Castelao, con domicilio actual descoñecido, e cítanse de remate concedéndolle-lo termo de nove días para que comparezan en autos e se opoñan á execución se lles conviñer, coa prevención que de non o facer no prazo indicado serán declarados en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen facerlles máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

E para que lles sirva de requirimento de pagamento e citación de remate á herdanza xacente ou herdeiros descoñecidos e incertos de José Pájaro Castelao, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o dezasete de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9810