Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 24

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (222/1997).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico: que nos autos que logo se dirán recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira o 16 de outubro de 1997. Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza de provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado co nº 222/1997. Foi citado o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma o denunciante José Luis Rodríguez Andión e o denunciado José Antonio Rey Sampedro.

Parte dispositiva.

Que debo absolver e absolvo a José Antonio Rey Sampedro como autor dunha falta de furto, tipificada no artigo 623-1º do Código Penal. As custas decláranse de oficio. Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Antonio Rey Sampedro, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

«Sentencia

Ribeira, 16 de outubro de 1997.

Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza en provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou

a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado co nº 222/1997. Foi citado o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma o denunciante José Luis Rodríguez Andión e o denunciado José Antonio Rey Sampedro.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O presente xuízo de faltas deriva das dilixencias previas Núm. 546/1997, instruídas ante este xulgado con ocasión da denuncia formulada por José Luis Rodríguez Andión, o día 15 de xullo, contra José Antonio Rey Sampedro, por presunto furto, reputándose os feitos como falta.

Segundo.-Sinalouse día e hora para a celebración do correspondente xuízo oral. Este tivo lugar o día 15 de outubro do presente ano. Nel, despois das alegacións das partes que compareceron e practicadas as probas propostas, o Ministerio Fiscal, en trámite de conclusións, solicitou a absolución de José Antonio Rey Sampedro, por falta de probas.

Non compareceron nin o denunciante José Luis Rodríguez Andión nin o denunciado José Antonio Rey Sampedro, malia estaren citados en legal forma.

Terceiro.-Na tramitación deste xuízo observáronse os principios e formalidades legais.

Feitos probados.

Único.-Resulta probado e así se declara, que o día 15 de xullo, José Luis Rodríguez Andión formulou denuncia polo furto dunha rebarbadora.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-A proba practicada non foi suficiente para chegar a un coñecemento certo da forma e circunstancias en que tiveron lugar os feitos que motivaron a instrucción das presentes actuacións. No noso ordenamento penal rexe o principio de culpabilidade- artigo 10 do Código Penal-que, unido ó principio de presunción de inocencia que consagra a nosa Constitución, artigo 24.2, leva a que a sentencia condenatoria só poida sustentarse nunha proba de cargo eficaz, que permita poder definir de forma procesual válida a acción ou omisión xeradora de responsabilidade criminal, de xeito que calquera dúbida sobre os aspaectos apuntados deberá resolverse en beneficio da parte acusada José Antonio Rey Sampedro.

Segundo.-Aínda que, conforme o establecido no artigo 116 do Código Penal, toda persoa criminalmente responsable dun delicto ou falta responde civilmente dos danos ou perdas derivados do ilícito, non determinase a responsabilidade criminal no suposto de autor, non procede facer ningunha declaración en materia de responsabilidde civil ex delicto.

Terceiro.-De acordo co disposto nos artigos 239 e seguintes da Lei de axuizamento criminal, procede declara-las custas de oficio.

En nome de S.M El-Rei.

Parte dispositiva.

Que debo absolver e absolvo a José Antonio Rey Sampedro como autor dunha falta de furto tipificada no artigo 623-1º do Código Penal.

As custas decláranse de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación.-O presente auto foi lido e publicado no mesmo día da súa data por S Sª, e foi constituído en audiencia pública. Dou fe.

9789