Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 23

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (112/1997).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e seu partido, dou fe de que neste xulgado se segue peza separada de medidas provisionais de separación, co nº 112/1997, por instancia de Carmen Gómez Martínez, maior de idade, representada polo procurador Rieiro Noya e asistida pola letrada Josefa M. Santiago Doval, contra José Anido Álvarez, e que nel se dictou resolución, cunha parte dispositiva do teor literal seguinte.

Auto resolución definitiva nº 76/1997.

Negreira, vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Parte dispositiva.

Vistos os preceptos legais citados, demais de xeral e pertinente aplicación, Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, acorda a adopción das seguintes medidas provisionais:

1. Separación provisional dos cónxuxes.

2. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes lle outorgase ó outro.

3. Cesa a posibilidade de vincula-los bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

4. Atribúeselle á esposa a garda e custodia dos fillos menores de idade, sen prexuízo do exercicio conxunto da patria potestade.

5. O pai, José Anido Álvarez, privado da garda e custodia das menores, poderá estar na compañía destas as fins de semana alternas desde as 12 horas do sábado ata as 20 horas do domingo, así como a metade dos períodos vacacionais daquelas, isto é, unha semana no Nadal, 4 días en Semana Santa e un mes no verán.

6. Atribúeselles á esposa e fillos menores o uso e desfrute do domicilio conxugal.

7. O esposo deberá contribuír con 40.000 pesetas mensuais en concepto de alimentos en favor das fillas menores, que terá que entregarlle á esposa dentro dos cinco primeiros días de cada mes, cantidade que será actualizable conforme o IPC.

8. Non se fai condena en custas.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso, aínda que as partes poderán formular oposición no prazo de oito días.

Así, por esta sentencia, dispóñoo, mándoo e asínoo. Seguen sinaturas.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado José Anido Álvarez, que ten como último domicilio coñecido Boaña-Castriz, Santa Comba, e na actualidade en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira, 28 de outubro de 1997.

A secretaria

Rubricado

9652