Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (140/1996).

Nos autos que se citan máis arriba, seguidos por instancia da procuradora Trigo Castiñeira (de oficio), en nome e representación de Manuel Dobarro López, contra Carmen Pereira Golán, Victorina Rama Pereira, Josefa Dobarro Rama, Francisco Baldomir Veiga, Carmen Dobarro Rama, José Vila Cotelo, Manuel Ángel Dobarro Rama, Evaristo Domínguez Rial, Mª Rufina Froján Rial, Juan Manuel Fernández Varela, Mª Begoña Verdes Silveira e avogado da Xunta de Galicia, dictouse con data do 12 de setembro de 1997 a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

«En Carballo, o doce de setembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal número 140/1996, sobre solicitude do beneficio de xustiza gratuíta, seguido por instancia de Manuel Dobarro López, con DNI 34.958.279, domiciliado na Residencia de Anciáns, r/Curros Enríquez número 49 (O Carballiño-Ourense), representado pola procuradora Isabel Trigo Castiñeira (de oficio) e defendido polo letrado Manuel Blanco Rama, contra Carmen Pereira Golán, Victorina Rama Pereira, Josefa Dobarro Rama, Carmen Dobarro Rama, Manuel Ángel Dobarro Rama, representados todos eles pola procuradora Narcisa Buño Vázquez, contra José Vila Cotelo, declarado en rebeldía, e contra Evaristo Domínguez Rial, Mª Rufina Froján Rial, Juan Manuel Fernández Varela e Mª Begoña Verdes Silveira, representados polo procurador Rafael Otero Salgado, así como contra o avogado da Xunta

de Galicia, decido, que estimo a demanda presentada pola procuradora Trigo Castiñeira, en nome e representación de Manuel Dobarro López, en contra de Carmen Pereira Golán, Victorino Rama Pereira, Josefa Dobarro Rama, Francisco Baldomir Veiga, Carmen Dobarro Rama, José Vila Cotelo, Manuel Ángel Dobarro Rama, Evaristo Domínguez Rial, Mª Rufina Froján Rial, Juan Manuel Fernández Varela e Mª Begoña Verdes Silveira, e, na súa virtude, declaro que recoñezo o dereito á xustiza gratuíta do autor para litigar contra os demandados en xuízo declarativo sobre realidade de contrato de compravenda, con tódalas súas incidencias, sen prexuízo do establecido nos artigos 28, 45 e 48 da L.A. civil e sen facer expresa imposición de custas.

Contra esta sentencia, que non é firme, cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte hábil ó da súa notificación. Únase testemuño desta resolución ós autos a que se refire e arquívese o orixinal no libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así, por esta sentencia, xulgando definitivamente en priemira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación don DOG, e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado rebelde, José Vila Cotelo, expídase este edicto en Carballo o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

9320