Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (587/1996).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo de divorcio número 587/1996, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.- Na cidade de Santiago de Compostela o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia número dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio, seguidos neste xulgado baixo o número 587/1996, por instancia de maría Luz Otero Iglesias, representada polo procurador Fernández Pérez e asistida da letrada Lorenzo Fraga, contra Santiago Dardet Vidal, declarado en rebeldía procesual, e sendo parte o Ministerio Fiscal, decido, que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Fernández Pérez, en nome e representación de María Luz Otero Iglesias, contra o Ministerio Fiscal e Santiago Dardet Vidal, declarado en rebeldía procesual, e decreto a disolución por divorcio do matrimonio que formaban, cos demais efectos inherentes ó dito pronunciamento e sen facer condena en canto ás custas procesuais.

Notifíqueselle a presente cédula ó demandado declarado rebelde nalgunha das formas legalmente previstas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta resolución poderase interpor neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Santiago Dardet Vidal, con domicilio descoñecido,

expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o once de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

9693