Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.557

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro 1997 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de encargado de xardinería, grupo III, vacante no cadro de persoal desta universidade.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de encargado de xardinería do grupo III, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes,

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de encargado de xardinería do grupo III do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), polos sistemas de promoción interna e de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente, e serán, en primeiro lugar, os de promoción interna. As vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á provisión externa.

1.3. Os seleccionados polo sistema de promoción interna terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes.

1.4. Os/as aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de provisión.

1.5. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, do que as probas e valoracións se axustarán ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.6. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.

1.7. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato.

a) Ser español ou nacional de calquera estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión do título de bacharelato, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado ou suspendido de servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Te-la condición de persoal laboral fixo de calquera das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Pertencer a distinta categoría que a das prazas convocadas na presente convocatoria.

c) Ter permanecido un mínimo de 6 meses na súa categoría profesional.

d) Poderán quedar exentos /as do requisito de titulación esixido para a quenda libre, agás que na relación de postos de traballo a titulación sexa esixida preceptivamente.

3. Solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitarllo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte día ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os/as aspirantes deberán facer constar na súa solicitude o sistema polo que se inscriben, libre ou de promoción interna, segundo corresponda.

3.2. A instancia irá acompañada de fotocopia do DNI e dos xustificantes que acrediten os méritos, na seguinte forma:

3.2.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, fóra da Universidade de Santiago, expedida pola unidade de persoal da Universidade Pública de Galicia onde prestaron os servicios referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Se os servicios foron prestados na Universidade de Santiago, a certificación expedirase de oficio, e engadirase á solicitude do/a aspirante.

3.2.2. Os cursos de formación e cualificación profesional acreditaranse mediante a presentación do correspondente diploma, copia compulsada dela ou certificación do centro que os expide.

3.2.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia

ou unidade de persoal da Administración onde prestase servicios.

3.3. A presentación de solicitudes farase nos rexistros xerais da universidade situados no Rectorado da Universidade de Santiago (Pazo de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n), Vicexerencia de Lugo (Augas Férreas, polígono de Fingoi, Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.4. Os dereitos de exame serán de 3.000 pesetas, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia Oposicións número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso, a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós/ás aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e, para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio. Para o que terán que facer consta-la entidade bancaria e o número de conta no recadro que para tal efecto figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Os aspirantes con minusvalideces deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de admisión de solicitudes o rector da Universidade de Santiago de Compostela publicará no taboleiro de anuncios do Rectorado, no prazo dun mes, resolución pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que consten as causas da exclusión e o prazo para reparalas.

Para repara-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión das devanditas relacións os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

A resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos esgotará a vía administrativa.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría terceira das recollidas no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo (BOE do 19 de marzo) e o Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, can

do concorran neles as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizase tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso a postos nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontrar incursos nas circunstancias previstas nos devanditos artigos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusa-los/as membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición, o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seralles aplicables as causas de abstención e recusación igual cós membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalideces gocen de similares condicións para a realización dos exercicios co resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalideces que o soliciten na forma prevista na base 3.5 as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. O tribunal excluirá aqueles/as opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes que o das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.9. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de espera, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaron, coa finalidade de atender, mediante contratacións temporais as vacantes e necesidades

que poidan producirse ata a realización da próxima convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «H», de conformidade co establecido na Resolución do 16 de maio de 1997 da Dirección Xeral da Función Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento, sendo excluídos das probas aqueles que non comparezan, salvo nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se fixera o primeiro deles, así como no Rectorado da Universidade, ou por calquera outro medio que se consideren conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.6 En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos/as aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición e maila obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación no exercicio específico de primeira fase. O tribunal fará pública, para cada sistema de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A

devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades.

Os nacionais doutros estados membros da Unión Europea deberán acreditar igualmente non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu estado o acceso á función pública.

d) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibilite para o servicio.

8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo de calquera Universidade pública de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto. Deberán presentar certificación da Universidade correspondente para acreditar tal condición, de non a ter presentado con anterioridade.

8.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.4. Quen dentro do prazo fixado, e salvo no caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta e das actuacións do tribunal poderán ser impugnados nos casos e nas formas establecidas na Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación da praza: encargado de xardinería do grupo III

-Procedemento de selección.

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

1. O concurso-oposición constará das fases que a continuación se indican:

1.1. Primeira fase, de carácter eliminatorio: (para sistemas de promoción interna e acceso libre):

Primeiro exercicio: consistirá na realización por escrito dun cuestionario de preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, baseada no contido da primeira parte do programa que se relaciona no anexo II.

O tempo máximo deste exercicio será dunha hora.

A puntuación será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

Segundo exercicio: consistirá nun conxunto de exercicios prácticos sobre os temas: 6, 8, 9 e 10.

A duración máxima deste exercicio será de dúas horas e media.

A puntuación será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

1.2 Segunda fase:

-Quenda de promoción interna:

Proba de galego. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas probas:

Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

-Quenda de acceso libre: terá carácter selectivo non eliminatorio, constará de dúas partes:

Primeira: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con 3 respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á segunda parte do programa.

A duración desta proba non será inferior a trinta minutos.

Valorarase de 0 a 10 puntos.

Segunda: constará de dúas probas:

Primeira: consistirá na traducción ,sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización de este exercicio será dunha hora. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. A puntuación será de 0 a 10 puntos.

1.3. Terceira fase: concurso:

Quenda de promoción interna. Máximo 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 8 puntos. Por cada mes traballado 0,055 puntos.

b) Experiencia: máximo 13 puntos. Valorarase a razón de 0,18 puntos mes na mesma categoría en universidades públicas.

c) Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos oficiais e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos, que se puntuará do seguinte xeito:

* Cursos de formación recibidos:

Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora.

Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora.

Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

Curso de perfeccionamento lingua galega: 0,02 puntos/hora.

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

* Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

d) Entrevista. Valorarase ata un máximo de 4 puntos.

Quenda de acceso libre: máximo 15 puntos.

-Valorarase o seguinte:

a) Experiencia: máximo 8 puntos. Valorarase do seguinte xeito:

Na mesma categoría en universidades públicas, 0,11 puntos por mes traballado.

Na mesma categoría noutras administracións públicas, 0,055 puntos por mes traballado.

Outras categorías nas universidades públicas, 0,055 puntos por mes traballado.

b) Cursos: valoraranse igual que na quenda de promoción interna ata un máximo de 4 puntos.

c) Entrevista: valorarase ata un máximo de 3 puntos.

ANEXO II

Denominación da praza: encargado de xardinería do grupo III

Programa.

I. Fase: coñecementos específicos.

1. O xardín: espacios e plantas. Principios de ecoloxía.

2. O clima.

3. O solo.

4. Fertilizante e emenda.

5. Regas e drenaxes.

6. Clasificación das plantas.

6.1. Plantas ornamentais de exterior.

7. Anatomía e morfoloxía das plantas.

8. A poda.

9. Multiplicación. Gallos. Enxertos. Enxesto de mergullo.

10. Plantación:

10.1. Árbores e arbustos.

10.2. Plantas herbáceas.

10.3 Bulbos.

10.4. Céspedes e pradeiras. Tepes.

11. A auga: plantas acuáticas e marxinais.

12. Orientación de plantacións.

13. Enfermidades e parásitos das plantas. O seu tratamento.

14. Planificación e deseño.

15. Maquinaria e ferramenta. Conservación. Mantemento. Seguridade.

16. Capítulos III e IV da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Capítulos I, II e III do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servicios de prevención.

II. Fase: coñecementos non específicos.

1. Dereitos fundamentais e libertades do Título Primeiro da Constitución Española.

2. III convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia.

3. Universidade de Santiago de Compostela (USC). Estatutos

4. USC. Clases e réxime xurídico do persoal de Administración e servicios.

5. Centros e servicios da USC. Denominación.

ANEXO III

Denominación da praza: encargado de xardinería do grupo III

Tribunal titular.

Presidente: Manuel Torres Lavandeira, profesor titular da Escola Universitaria de Enxeñería Agroforestal do Campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da universidade:

Arturo Campanero García, persoal laboral fixo, grupo I da Universidade de Santiago de Compostela.

Ubaldo López Botana, persoal laboral fixo, grupo II da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do Comité:

José Tadeo Barcala González, persoal laboral fixo, grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Buján Gómez, persoal laboral fixo, grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: José Manuel García García, funcionario de carreira da Escala Administrativa da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

Tribunal suplente:

Presidente: Rosa Romero Franco, profesora titular de Escola Universitaria de Producción Vexetal do Campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da Universidade:

Fernando Blanco Loroño, persoal laboral fixo, grupo II, da Universidade de Santiago de Compostela.

Jesús Burés Salgueiro, persoal laboral fixo, grupo II da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do Comité de Empresa:

José Fernando Cobos Otero, persoal laboral fixo, grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

César Novoa Gil, persoal laboral fixo, grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Mª del Carmen Castro Varela, funcionaria de carreira da Escala Auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela.

9550