Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.556

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar do sorteo público para determina-los inspectores/as que formarán parte da comisión de avaliación do traballo desenvolvido polos funcionarios docentes adscritos á función inspectora para os efectos da súa integración no corpo de inspectores de educación.

Por Orde do 12 de novembro de 1997 (DOG do 5 de decembro) establécese o prazo e procedemento para a renovación da adscrición á función inspectora dos funcionarios docentes nomeados para tal actividade. Segundo o seu punto terceiro, o traballo desenvolvido polos ditos funcionarios será avaliado por unha comisión da que formarán parte cinco funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa ou pertencentes ó corpo de inspectores de educación elixidos por sorteo público nas datas que fixe a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. Por tanto, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Facer público que o dito sorteo entre funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa e funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores de educación terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, rúa San Lázaro, nº 107, Santiago de Compostela, o día 13 de xaneiro de 1997 ás 11 horas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

10237