Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

EDICTO do 29 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, polo que se notifica a Aurora González Ferradás a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, do 8 de setembro de 1997, en relación coa retirada do viveiro de cultivos mariños denominado Villa IV.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ó ter sido devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, notifícaselle a Aurora González Ferradás, que ten como último comicilio

coñecido na r/ A Graña, nº 1 de Bueu (Pontevedra) a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, relativa á retirada do viveiro de cultivos mariños denominado Villa IV e que se reproduce no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Vistas as alegacións, con data do 29/5/1997, presentadas por Aurora González Ferradás contra a resolución da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, do 14/5/1997, polo que se acorda a retirada do viveiro denominado Villa IV, da súa propiedade, situada na cuadrícula nº 24 do polígono B de Bueu, por estar ocupando unha cuadrícula da que non é conceseionaria.

Tendo en conta o disposto no artigo 2º da Orde do 6 de febreiro de 1989 (DOG nº45, do 6/3/1989), pola que se regula o procedemento de retirada de bateas clandestinas, á vista das alegacións efectuadas e dado que do exame do expediente de retirada do viveiro ilegal Villa nº4 situado na cuadrícula nº 24 do polígono B de Bueu, resulta que en virtude da orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 28/4/1992 se produce a transferencia da titularidade do viveiro e concesión citada a favor de Alfonso Ferreira González sen que, a pesar dos diversos preitos xudiciais interpostos pola interesada, fose modificada a citada titularidade concesional por ningún tipo de resolución xudicial ou administrativa.

Esta consellería resolve rexeita-las alegacións efectuadas por Aurora González Ferradás, debendo proceder á retirada do artefacto, no prazo de tres días, contados desde a recepción da presente comunicación. Comunicaráselle previamente a data e o punto de varada á Delegación Territorial desta consellería en Pontevedra.

Se transcorrido o prazo fixado para a retirada voluntaria do artefacto, esta non se realiza, a Con

sellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura levaraaa cabo, podendo logo o propietario facerse cargo da batea nas condicións establecidas no artigo 5º da citada Orde, do 6 de febreiro de 1989.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

10149