Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 328/1997 e tres máis.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, de 26 de novembro), advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 22-5-1987.

A Coruña, 17 de novembro de 1997.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Expte. nºActa nºTitularNIF/DNILocalizaciónMateriaData Res.Sanción

328/1997886/1997(1)José Acuña Boullosa35.246.057-YGregorio Espino, 52

Vigo

S.H16-9-1997251.000 ptas.

420/1997205/1997Miguel Ángel, Díaz Paseiro32.778.925Grupo Mª Pita, 21-baixo, Dta.

A Coruña

S.H23-9-1997251.000 ptas.

431/19971330/1997Grupo Sal Profesional, S.L.B-81.487.720Avda. de Burgos, 19-1º I

28036 Madrid

T30-10-199740.000 ptas.

467/1997449/1997Gustavo Rodríguez Núñez34.955.440-VEstrada de Catabois, 188-190

Ferrol

S.H30-10-1997251.000 ptas.

10227