Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Compradores de Pescados de Muros.

En cumprimiento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 14 horas do día 25 de novembro de 1997, a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Compradores de Pescados de Muros que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: tódolos empresarios individuais ou sociais dedicados á compra de pescados e que estean constituídos ou se constitúan no futuro.

Asinan a acta de constitución: Enrique Caamaño Tajes e tres persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 26 de novembro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

9973