Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CEDULA do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución dictada polo instructor no expediente sancionador de sanidade alimentaria 38/97.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan que, con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da proposta de resolución do expediente sancionador nº 38/1997 por infracción ó D. 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. O interesado dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder face-las alegacións que considere oportunas, segundo o preceptúa o artigo 19 do R.d.1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Denunciado: Antonio González González.

DNI:76702897-J.

Último enderezo coñecido: r/ Antonio Puga, nº 4-1ºA. Ourense.

Ourense, 26 de novembro de 1997.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

9336