Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.376

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1997 pola que se lle pon termo á convocatoria pública aberta para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Valedor do Pobo, anunciada pola Resolución do 3 de novembro de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta institución, por Resolución do 3 de novembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 220, do 13 de novembro de 1997), de conformidade co disposto nas súas bases 6ª e 7ª, e en exercicio das atribucións contidas nos artigos 27.2 da Lei 4/1988 do 26 de maio, da función pública de Galicia, e 10.2 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo, o Valedor do Pobo,

RESOLVE:

Prímeiro.-Poñer termo á convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Valedor de Pobo, anunciada por Resolución de 3 de novembro de 1997 (DOG nº 220, do 13 de novembro de 1997).

Segundo.-Adxudicarlle destino no posto de traballo de conductor-ordenanza a José Antonio Rama Tajes, da escala de confrarías da Xunta de Galicia, grupo E, co rexistro de persoal nº 7878361957 A2092, á vista da documentación presentada e unha vez que xa foi recibido o informe previsto na base 5ª da convocatoria.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario, ó que se lle adxudica o posto, producirase dentro dos tres días seguintes ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do seu posto no Valedor do Pobo será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto.-O funcionario seleccionado, procedente da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, terá dereito a ser declarado na situación administrativa prevista no artigo 10.3 da Lei do Valedor do Pobo, en relación co artigo 52.14 da Lei da función pública de Galicia.

Quinto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta institución,

segundo o previsto no artigo 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

9841