Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-11-1997, subscritos en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Industrias de la Primera Transformación de la Madera, e da parte social por UGT e CIG o día 31-10-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de novembro de 1997.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e aserradoiros de madeira da provincia da Coruña

* Acta.

Asistentes:

-Parte empresarial:

Camilio Álvarez Estévez

José Lema Fernández

Carlos Ucha Sánchez

-Parte sindical:

UGT:

Jesús Mari Calvo Romero

Juan Carlos Tubío Redondo

CIG:

Ezequiel Candela Martínez

Na Coruña, ás dezasete horas do día trinta e un de otubro de mil novecentos noventa e sete, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial de rematantes e aserradoiros da madeira para, a teor do disposto no artigo 8 do convenio vixente, proceder á confección das táboas salariais correspondentes ó período comprendido entre o 1 de outubro de 1997 e o 30 de setembro de 1998.

Os asistentes, e aplicación do citado artigo 8 do convenio vixente, proceden a incrementa-los salarios no 2,6% e o plus de antigüedad no 2,1% confeccionando as respectivas táboas que, como anexos, figuran incorporadas á presente acta.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás dezaoito horas da data arriba indicada, asinando, en sinal de conformidade, a totalidade dos asistentes.

ANEXO I

Táboas salariais

(Período 1-10-1997 ó 30-9-1998)

G.P.Nivel salarialSalario mesSalario ano

ITécnico proxectista93.3061.451.669
Perito91.0551.420.155
ATS91.0551.420.155
Xefe administrativo 1ª93.3061.451.669
Encargado91.0551.420.155

IIDelineante88.7981.388.557
Xefe administrativo91.0551.420.155

IIIAuxiliar analista86.8461.361.229
Ofic. administrativo 1ª86.7981.388.557
Ofic. administrativo 2ª86.8461.361.229
Auxiliar administrativo84.7451.331.815
Oficial de 1ª88.7981.388.557
Oficial de 2ª86.8461.361.229
Axudante84.7451.331.815
Peón especializado82.9541.306.741
Peón80.7741.276.221
Ordenanza80.7741.276.221
Garda e vixilante80.7741.276.221

* Paga 1º de maio:

Traballadores en formación e menores de idade22.500

Resto dos traballadores25.000

* Plus de asistencia:

Traballadores manores de idade116

Traballadores en formación de 18 a 20 anos137

Resto dos traballadores201

*Plus de transporte313

ANEXO II

Táboas de antigüidade

(Período 1-10-1997 ó 30-9-1998)

G.P.Nivel salarialPtas./quinquenio x mes

ITécnico proxectista3.094
Perito3.023
ATS3.023
Xefe administrativo 1ª3.094
Encargado3.023

IIDelineante2.953
Xefe administrativo3.023

G.P.Nivel salarialPtas./quinquenio x mes

IIIAuxiliar analista2.869
Ofic. administrativo 1ª2.953
Ofic. administrativo 2ª2.869
Auxiliar administrativo2.813
Oficial de 1ª2.953
Oficial de 2ª2.869
Axudante2.813
Peón especializado2.743
Peón2.674
Ordenanza2.674
Garda e vixilante2.674

ANEXO III

Calendario laboral

(Período 1-10-1997 ó 30-9-1998)

DíasOutubroNovembroDecembroXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembro

18S-F8FDD8F88S8

28D8F*888S88D8

3888S888D8888

4S88D88S88S88

5D88F*88D88D8S

688S-FF8888S88D

788D8SS88D888

88SF8DD8888S8

98D8888FS88D8

10888S88FD8888

11S88D88S88S88

12D88888D88D8S

1388S88888S88D

1488D8SS88D888

158S88DD8888S-F8

168D88888S88S8

17888S888D8888

18S88D88S88S88

19D8888FD88D8S

2088S88888S88D

2188D8SS88D888

228S88DD8888S8

238D88888S88D8

24884S888D8888

25S8FD88S88S-F88

26D8F*888D88D8S

2788S88888S88D

2888D8SS88D888

298S88-D8888S8

308D88-88S88D8

318-4S-8-D-88-

Horas184160160160160168160160176184168176
Días232020202021202022232122

TOTALDÍASHORAS

Laborables desde 1-10-1997 ó 30-9-19982522.016
Festivos locais216
Vacacións21168
* Tres xornadas compensación exceso horas324

Total xornada2261.808

* As xornadas festivas dos días 26 de decembro de 1997 e 2 e 5 de xaneiro de 1998, poderán cambiarse por outros días que as empresas acorden cos seus traballadores.

10254