Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.376

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión encargada de resolve-lo concurso 97/022 para a provisión dunha praza de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 97/022, convocada por Resolución do 5 de xuño de 1997 (BOE do 27 de xuño), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Praza nº: 97/022.

Comisión titular:

Presidente: Faiña Medin, José Andrés, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Ricoy Riego, Carlos, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Calsamiglia Blancafort, Javier, catedrático de universidade. Universitat Pompeu Fabra.

Jimeno Serrano, J. Francisco, profesor titular de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Peris Ferrando, Josep Enric, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Comisión suplente:

Presidente: Quintas Seoane, Juan Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Pazo Martínez, Consuelo, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Villar Notario, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Escribano Saez, Álvaro, profesor titular de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Da Rocha Álvarez, José María, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

9953