Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (171/1997).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 3 de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo 171/1997 se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinte de novembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Elisa Lago Moire, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de

Santiago de Compostela e o seu partido os presente autos de xuízo executivo nº 171/1997, promovidos polo Banco Central Hispano Americano representado polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes e defendido pola letrada Sonia Rodríguez Arroyo, contra Juan Carlos Casas Lareo, declarado en rebeldía, sobre reclamación de 66.720 pesetas de principal, máis 100.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos. Resolvo. Que debo mandar e mando seguir adiante a execución ata facer remate cos bens embargados e que no sucesivo se lle poidan embargar ó debedor Juan Carlos Casas Lareo, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de 66.720 ptas. de principal e 100.000 calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada. Expídase e únaselles certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de

apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado, en ignorado paradoiro, Juan Carlos Casas Lareo.

O secretario

Rubricado

9667