Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (175/1997-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 175/1997-10 por instancia de Manuel Rodríguez Baameiro contra Miguel Ángel Gesto Cruces nas actuacións do cal se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva á letra que din:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vinte de novembro de mil novecentos noventa e sete. Francisco Javier Miguez Poza, maxitrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, logo de ver no xuízo oral e público o expediente do xuízo de faltas número 175/1997, sobre furto, no que foron parte, como denunciante, Manuel Rodríguez Baameiro e, como denunciado, Miguel Ángel Gesto Cruces, coas circunstancias persoais que constan en autos, e o Ministerio Fiscal, pronunciou esta sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Miguel Ángel Gesto Cruces da falta da que viña sendo inculpado neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Manuel Rodríguez Baameiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

9468