Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (439/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo executivo 439/1997, que se segue neste xulgado por instancia de Banco de Asturias, S.A., representado polo procurador García Píccoli Atanes, contra Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., Hormigones La Sierra de Outes S.L., Camilo Gosende Carballal, María Teresa Ramos Vigo e heredeiros descoñecidos e incertos de José Pájaro Castelao, por medio da presente cédula cítase de remate a entidade Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., con domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días compareza en autos e se opoña á execución se lle conviñer, coa prevención que de non o facer no prazo indicado será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que lle sirva de citación de remate a Recauchutados y Cubiertas Maypa, S.L., expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteseis de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9477