Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.300

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (107/1997).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira fai saber que neste xulgado, baixo o número 107/1997 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Mª Teresa Gómez Casabiell e herdeiros descoñecidos e incertos de José Manuel Piñeiro Bermo, en reclamación de crédito hipotecario, e nas súas actuacións acordouse sacar a primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración, os predios hipotecados que se dirán:

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na Rúa do Carme nº 3, baixo, desta vila, o vindeiro día vintesete de febreiro do próximo ano, ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de nove millóns corenta mil duascentas pesetas ( 9.040.200), fixado para tal efecto na escritura de préstamo, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o vinte por cento do tipo do remate, e sen este requisito non serán admitidos.

3. Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado xunto daquel, o importe da consignación a que se refire a condición segunda ou acompañando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

5. Os autos e a certificación rexistral están de manifesto en secretaría e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen poderen esixir outros títulos.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día vintesete de marzo, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e en caso de resultar deserta a segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintesete de abril, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

O predio obxecto da poxa é o seguinte:

Urbano.-Casa destinada a vivenda unifamiliar, composta de planta baixa e alta, da superficie de cento sesenta metros cadrados aproximadamente. A casa ten a súa fronte á avenida de Vilachán polo seu vento sur e, unido, un terreo de labradío da superficie de dúas áreas e noventa centiáreas, todo o cal forma un conxunto dunha superficie de catro áreas e cincuenta centiáreas. Linda todo o relacionado: norte, zona urbana de Vilachán de Arriba; sur, avenida de Vilachán; leste, María Casabiell Casabiell; e oeste, Marcelino Negreira Tuñas e, en parte, zona urbana de Vilachán de Arriba. O lindeiro leste mide vintecinco metros e o lindeiro sur, é dicir, de fronte á rúa, mide dezaoito metros.

Inscrición. Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 715, libro 118, folio 41, predio nº 13.018.

E para xeral coñecemento, expídese o presente edicto en Negreira, vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9665