Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/50-2, 4719 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Flora Álvarez Mon.

Domicilio social: Cimadevila, 5, 27000 Navia de Suarna.

Denominación: L.M.T. e C.T. para gasolinera.

Situación: Navia de Suarna.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 180 m, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 75 kVA. 20.000/220/380 V, para subministración eléctrica a gasoliñeira na estrada Becerreá-Navia, p.k. 27,200, concello de Navia de Suarna.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 14 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo.

9645