Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de novembro de 1997 pola que se declara a caducidade dun parque de cultivo de 1.471 m, na zona marítimo-terrestre de praia de Ermida, ría de Corme e Laxe, distrito marítimo de Corme (A Coruña), da titularidade de María Fuentes Mira.

Visto o expediente de caducidade incoado a Mª Fuentes Mira (DNI nº 32.245.859) na súa condición de titular da concesión administrativa dun parque de cultivo mariño sito na zona marítimo-terrestre da praia de Ermida, ría de Corme e Laxe, distrito marítimo de Corme, outorgada por Orde do 24-7-1973 (BOE nº 210) dedicado ó cultivo de ameixa e berberecho.

Resultando que con data do 12-2-1996 foi acordada pola Delegación Territorial da Coruña a incoación do expediente de caducidade á citada concesión pola causa recollida no artigo 72 c) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o citado acordo de incoación de expediente de caducidade lle foi notificado ó titular da concesión con data do 15-2-1996.

Resultando que no tempo e forma o titular presentou escrito de alegacións no que sinala que:

1º. Non lle foi posible, por motivos familiares graves, renova-la dita autorización administrativa.

Resultando que con data do 29-8-1996 se dicta proposta de resolución por parte do instructor na que se propón a caducidade da dita concesión.

Resultando que con data 14-10-1996 o titular da concesión presenta escrito de alegacións no que solicita expresamente a rehabilitación da dita concesión,

Considerando que o expediente se tramitou conforme a dereito,

Considerando, que os informes técnicos que constan no expediente indican que a natureza do substrato deste parque imposibilita o desenvolvemento de tódolas especies cara ás que vai dirixido o cultivo,

Considerando en canto ó fondo do asunto, que as alegacións formuladas polo titular da concesión non desvirtúan a causa de caducidade invocada, por canto resulta acreditado que o titular solicitou a prórroga con posterioridade ó remate da vixencia da concesión,

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños e demais disposicións aplicables ó caso,

Esta consellería acorda, no exercicio das súas atribucións e competencias, confirma-la caducidade da

concesión supracitada, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá o interesado interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisidicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9699