Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de novembro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Domar número 1, a favor de María Teresa Pérez Peneireira e María Josefa Pimentel Otero e os seus respectivos cónxuxes en réxime de bens gananciais.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños desta Comunidade Autónoma (DOG nº 236, do 10 de decembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Domar nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 115.

Data da concesión: 5-11-1976.

Data do remate da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: Francisco Vázquez Sieira e Mª Josefa Vilarnovo Muñiz.

Novo titular da concesión e batea: Mª Teresa Pérez Peneireira e Mª Josefa Pimentel Otero e os seus respectivos cónxuxes en réxime de bens gananciais.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 25 de novembro de 1997.

P.D. ( Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

9522