Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de novembro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da metade indivisa da batea de cultivo de mexillón C.G. número 1 e intervivos da metade indivisa restante, a favor de José López del Río.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: C.G. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 100.

Data da concesión: 14-10-1964.

Data de finalización da última prórroga: 3-12-2006.

Anterior concesionario: Esperanza del Río Piñeiro e José López Treus.

Novo titular da concesión e batea: José López del Río.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

P.D. ( Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

9668