Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.176

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

ANUNCIO.

Pola presente publicación ponse en coñecemento de tódolos interesados a aprobación polo Cabido, en reunión ordinaria o trece de xuño de mil novecentos noventa e sete, da normativa da lonxa da confraría de pescadores de Muros, posteriormente ratificada pola xunta xeral o quince de xuño do ano que corre.

Esta normativa afectará a todas aquelas persoas ou entidades que realicen operacións de poxa-venda no local da lonxa, ó persoal da confraría comisionado para levar a cabo a xestión da concesión, ós compradores e a todos aqueles que realicen calquera actividade relacionada coa lonza.

A normativa será exposta ó público no taboleiro de anuncios da lonxa e na secretaría da confraría para efectos de consulta.

Muros, 27 de outubro de 1997.

Antonio Lago Vidal

9551