Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.176

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA DA PROPIEDADE URBANA DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de orzamento desta cámara para 1998.

De conformidade co artigo 21 do Regulamento de cámaras da propiedade urbana de Galicia, do 20 de xuño de 1991, atópase en exposición pública o proxecto de orzamento desta cámara para o próximo exercicio de 1998, nas súas oficinas, r/ Paseo de Cervantes, 4-1º, das 9.30 ás 14 horas, durante o período de 15 días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os asociados poidan presenta-las reclamacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 24 de novembro de 1997.

Jaime Olmedo Limeses

Presidente

9546