Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.176

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do concurso das obras de urbanización do parque empresarial de Chorente en Allariz.

Orzamento total: 77.608.000 ptas.

Clasificación do contratista: grupo A, subgrupo/categoría 2/b. Grupo E, subgrupo/categoría 1/d. Grupo G, subgrupo/categoría 4/d. Grupo I, subgrupo/categoría 1/a; 3/c; 5/b; 6/a.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur Ourense, S.A., sitas na rúa Curros Enríquez, 1-8º de Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

As proposicións económicas e demais documentación para concursaren as empresas que resulten admitidas conforme establece o prego de bases deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Ourense, S.A., antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, ou o seguinte día laboral en caso de que coincida en festivo. Non se aceptará a presentación de ofertas por correo.

A apertura de proposicións económicas efectuarase ás 12 horas do décimo cuarto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG ou ó seguinte día laboral en cado de que coincida en festivo na sala de xuntas de Xestur Ourense, S.A.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 12 de decembro de 1997.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestur Ourense, S.A.