Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente 69/97 P e sete máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (L.R.X.P.A.), notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguida, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de pesca fluvial 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto). Así mesmo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil, quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da L.R.X.P.A.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examinaren os expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6 baixo, Ourense, e pre

sentaren os descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentaren alegación no prazo fixado, e consonte o Art. 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do Art. 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o Art. 12 da L.R.X.P.A. e no 40.3º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.

Nome e apelidos do denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

69/97 PMaría Genoveva Naval Calviñor/ Filomena Dato, 1-4, OurensePescar sen permiso de coutoArt. 34.10º da Lei

de pesca fluvial

50.001Mª Rosa Rguez.

Cougil

82/97 PJavier Reguera GómezInterior, 9-2, Ponferrada-LeónPescar utilizando lucesArt. 34.9º da Lei

de pesca fluvial

50.001Mª Rosa Rguez.

Cougil

103/97 PJorge Cerdeiriña FernándezRetorta-LazaPescar sen licencia e sen permiso de coutoArt. 34.1º e 34.10º

da Lei de pesca

fluvial

70.000Mª Rosa Rguez.

Cougil

142/97 PAlfonso Belenda LorenzoEdificio Magariños, P-3A, O CarballiñoEmpregar penso para atrae-los peixesArt. 33.9º da Lei

de pesca fluvial

25.000Mª Rosa Rguez.

Cougil

Nº Expte.

Nome e apelidos do denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

166/97 PAmancio Sanjurjo SuárezEstr. Ourense, 4-5º D, O CarballiñoPescar a manArt. 34.11º da Lei

de pesca fluvial

50.001Mª Rosa Rguez.

Cougil

180/97 PLuis Álvarez Álvarezr/ Alfredo Casanova, 37-1º, Pobra de TrivesPescar con máis canas das permitidasArt. 33.4º da Lei

de pesca fluvial

10.000Mª Rosa Rguez.

Cougil

186/97 PAlberto Puigdomenech JiménezFinca Fierro rúa A, nº 9, OurensePescar sen licencia e con artefactos prohibidosArt. 34.1º e 34.4º

da Lei de pesca

fluvial

65.000Mª Rosa Rguez.

Cougil

197/97 PManuel Belenda ProlCorcores-AviónPescar troitas tamaño inferiorArt. 33.9º da Lei

de pesca fluvial

17.000Mª Rosa Rguez.

Cougil

9635