Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de propostas de resolución que formula a instructora dos expedientes sancionadores de pesca fluvial que se citan, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente 7/96 P e 87/97 P).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguida, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 51, do 5-8-1992).

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examinaren os expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6 baixo, Ourense, e presentaren os descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Vistas tódalas actuacións, o órgano competente por razón do tipo de infracción presuntamente cometida, consonte o establecido no artigo 12 da L.R.X.P.A. e no 40.3º la Lei 7/1992, de pesca fluvial, dictará a resolución, que será notificada oportunamente.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 7/96 P.

Nome e apelidos do denunciado: Construcciones Medela.

Último enderezo coñecido: Estr. do Irixo, 50, O Carballiño.

Feito denunciado: formar entullos.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 35.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción proposta: sobresido.

Nº expediente: 87/97 P.

Nome e apelidos do denunciado: Pedro Alba Corullón.

Último enderezo coñecido: Os Poliñeiros, 18-P-1, Cacabelos (León).

Feito denunciado: pescar utilizando engado de uso non permitido.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Sanción proposta: 25.000.

9636