Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente 117/96 P e dous máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguida, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de pesca fluvial 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta 44030/003918-8 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso oficial que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da presente notificación, agás a presentación do recurso pertinente; caso contrario, procederase ó seu cobro pola vía executiva.

Faise constar que para obter ou renova-la licencia de pesca, será requisito imprescindible acreditar ter

aboada a multa que corresponda, unha vez que sexa firme a resolución.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta

de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.

Nome e apelidos do denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

imposta

117/96 PErnesto García VilarPuerta Real, 44, Cuevas del Campo, GranadaPescar sen licenciaArt. 34.1º da Lei de

pesca fluvial

50.001

121/96 PIgnacio Antón SantosCeferino Armesto, 8, Viana do BoloPescar en zona vedadaArt. 34.6º da Lei de

pesca fluvial

50.001

123/96 PMiguel Ángel Prada FernándezVillalibre de la Jurisdicción-Priaranza del Bierzo, LeónPescar sen leva-la documentaciónArt. 33.1º da Lei de

pesca fluvial

5.000

9637