Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente 54/96 C e cinco máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguida, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970, do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo).

O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta 44030/003918-8 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. Caso contrario procederase ó seu cobro pola vía executiva.

Cómpre salientar que para obter ou renova-la licencia de caza será requisito imprescindible acreditar ter aboada a multa que corresponda, unha vez que sexa firme a resolución.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.

Nome e apelidos do denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

imposta

54/96CJorge JoséCuña de Arriba-Mariñamansa, OurenseProcedementos de caza prohibidosArt. 6.2º do R.D.

1095/1989

25.000

63/96CJosé Antonio Míguez GómezFontedosa-MontederramoCazar sen levar documentaciónArt. 48.3.43 da Lei

de caza

2.000

105/96CAntonio Rodríguez Rodríguezr/ Caride Vallellano, 57-2º, O CarballiñoCazar con cans en vedaArt. 48.2.24 da Lei

de caza

3.500

40/97CÁngel Pacio Gonzálezr/ Jesús Soria, 21-4º, OurenseCazar sen permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei

de caza

5.000

57/97CManuel Álvarez RodríguezSobrado-Trios-O Pereiro de AguiarCans incontrolados en época de vedaArt. 48.2.24 da Lei

de caza

5.000

60/97CUrbano Catalán CatalánEstr. Tibias, 22, Santomé, O Pereiro de AguiarCan incontrolado en época de vedaArt. 48.2.24 da Lei

de caza

3.500

9634