Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente 61/97 C).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común (L.R.X.P.A.), notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguida, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970, do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo). Así mesmo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil, quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da L.R.X.P.A.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para examinaren os expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6 baixo, Ourense, e presentaren os descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentaren alegación no prazo fixado, e consonte o Art. 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do Art. 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o Art. 12 da L.R.X.P.A. e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 61/97 C.

Nome e apelidos do denunciado: Ángel Ramos Ramos.

Último enderezo coñecido: Vilariño-O Pereiro de Aguiar.

Feito denunciado: can incontrolado en época de veda.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 48.2.24 da Lei de caza.

Sanción proposta: 3.500.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

9633