Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de fraudes, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expedientes 41/96 e tres máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do viño, viñas e alcohois, e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 835/1972, do 23 de marzo, e demais normativa complementaria. Así mesmo, designo instructor dos expedientes a José Manuel Baltar Blanco, quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6 baixo, e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentaren alegación no prazo fixado e, consonte o artigo 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda.

Todo sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do artigo 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o artigo 12 da LRXPA e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 41/96.

Nome e apelidos do denunciado: Jesús Manuel Pérez Ferreiro.

Último enderezo coñecido: rúa Juan de Austria, 17-1º, Ourense.

Feito denunciado: transporte de productos vitivinícolas sen documentación.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 3.1º R(CEE) 2238/93. Artigo 123.1º do Decreto 835/72.

Sanción proposta: 2.000.

Instructor: José Manuel Baltar Blanco.

Nº expediente: 54/96.

Nome e apelidos do denunciado: Jesús Barros Rivas.

Último enderezo coñecido: Villafranca, 30, Marcón, Pontevedra.

Feito denunciado: transporte de productos vitivinícolas sen documentación.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 3.1º R(CEE) 2238/93. Artigo 123.1º do Decreto 835/72.

Sanción proposta: 1.000.

Instructor: José Manuel Baltar Blanco.

Nº expediente: 11/97.

Nome e apelidos do denunciado: Gerardo Moa Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Avda. do Aeroporto, 42-2º, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: transporte de productos vitivinícolas sen documentación.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 3.1º R(CEE) 2238/93. Artigo 123.1º do Decreto 835/72.

Sanción proposta: 1.000.

Instructor: José Manuel Baltar Blanco.

Nº expediente: 44/97.

Nome e apelidos do denunciado: Juan Manuel Díaz Iglesias.

Último enderezo coñecido: Aldosende, Paradela (Lugo).

Feito denunciado: transporte de productos vitivinícolas sen documentación.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 3.1º R(CEE) 2238/93. Artigo 123.1º do Decreto 835/72.

Sanción proposta: 1.000.

Instructor: José Manuel Baltar Blanco.

9632