Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

O Pleno deste Concello, dando por finalizada a fase de elaboración, mediante acordo do 26-11-1997, aprobou o Plano xeral de ordenación municipal deste concello, así como, consonte o disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia (LSG) someter este a información pública durante o prazo do mes seguinte á publicación deste anuncio no DOG para que os interesados o examinen e formulen alegacións en relación coas previsións que contén, para o cal teñen ó seu dispor o devandito documento nas oficinas municipais en horario normal de oficina.

A través do mesmo acordo, o Pleno, a teor do disposto no artigo 34 da LSG, aprobou a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos seguintes termos:

Suspensión do outorgamento de licencias.

1. Ámbito: queda suspendida a concesión de licencias para obras que resulten incompatibles coas pre

visións do PXOM aprobado inicialmente nas unidades reparcelables en solo urbano consolidado, nos polígonos de que se compoñen as distintas áreas de reparto previstas en solo rubano non consolidade e en toda clase de terreos clasificados como solo urbanizable.

No solo urbano de execución directa, queda suspendida a concesión de licencias de parcelación de terreos, edificación e derruba, sempre que se modifiquen ou alteren as previsións que se conteñen no PXOM aprobado inicialmente. Nesta clase de solo, suspéndese especificamente a concesión de licencias para áticos.

No solo de núcleo rural e no solo rústico, a suspensión do outorgamento de licencias terá lugar só cando se modifiquen ou alteren as previsións do PXOM.

2. Prazo: un ano contado desde que se publique no DOG ou anuncio a que se refire o artigo 34.1º da LSG, quedando extinguida a suspensión coa aprobación definitiva do PXOM.

3. Efectos: expedientes sen resolver na data do acrodo de suspensión e posteriores que se promovan.

4. Emisión de informes: solicitarase o do equipo redactor cando o considere conveniente o órgano competente para o outorgamento de licencias.

5. Excepcións: deixará de aplicarse o réxime de suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas definido anteriormente, por razóns de utilidade pública ou interese social, en particular cando se trate de promover obras para a construcción de vivendas sociais para a construcción ou ampliación de edificios adscritos á prestación de servicios sanitarios ou de desenvolvemento de actividades educativas, culturais ou, calquera outras obras de idénticas ou similares características.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da normativa citada.

Verín, 26 de novembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

9287