Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO complementario do proxecto de reparcelación do PERI I-05 praza Elíptica (expediente 4055/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 7 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o complementario do proxecto de reparcelación do PERI I-05 praza Elíptica do aprobado polos acordos plenarios do 15 de abril e 28 de novembro de 1991 e inscrito no Rexistro da Propiedade o 6 de abril de 1992, conforme a documentación elaborada polo enxeñeiro municipal en novembro de 1997.

Sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e taboleiro da Casa do Concello.

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 17 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

9272