Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (3/1997).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira fai saber que neste xulgado, baixo o número 3/1997 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 13.1º da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros de Pontevedra, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Jorge Luis López Lago, Luz Divina Montero Lagoa, José Ferreiro Magariños e María Ramas Ramas, en reclamación de crédito hipotecario, e nas súas actuacións acordouse sacar a primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración, os predios hipotecados que se dirán:

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na Rúa do Carme nº 3, baixo, desta vila, o vindeiro día vinteseis de xaneiro do próximo ano, ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de trinta e oito millóns trescentas oitenta mil pesetas (38.380.000 ptas.) para o primeiro predio e de trinta millóns vinte mil pesetas (30.020.000 ptas.) para o segundo predio, fixados para tal efecto na escritura de préstamo hipotecario con data do 23 de outubro de 1991, e non se admitirán ofertas que non cubran as ditas sumas.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o vinte por cento do tipo do remate, e sen este requisito non serán admitidos.

3. Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado xunto daquel, o importe da consignación a que se refire a condición segunda ou acompañando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

5. Os autos e a certificación rexistral están de manifesto en secretaría e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen poderen esixir outros títulos.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día vintetrés de febreiro, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e nunha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintetrés de marzo, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, e rexerán para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Os predios obxecto da poxa son os seguintes:

Urbano. Nave de formigón con cuberta de placa de cemento, recuberta de uralita, destinada a sala-discoteca, da superficie de trescentos trinta metros cadrados; sobre a cuberta da dita nave teñen unha dependencia destinada a vestíbulos e sala de máquinas, situada ó fondo da dita cuberta, que ocupa uns noventa e cinco metros cadrados. Linda: norte, en liña de dez metros, Aurora Manteiga Brenlla e en liña de dez metros, Rosalino Pérez Outeiro e edificio de Mario Castiñeiras e outros; sur, Ovidio Tomé Cantorna; leste, Rosalino Pérez Outeiro e edificio que fai esquina entre as rúas Camiño Vello e Rúa do Carme; e oeste, acueducto coñecido por Presa do Cotón.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 706 do arquivo, libro 116, folio 237 reverso, predio nº 10.306, causando a hipoteca a inscrición 10ª.

Urbano. Predio nº 1, letra A. Local na planta de soto dun edificio sito nesta vila e concello de Negreira, con fachadas á rúa Camiño Vello e rúa do Carme. Ten unha superficie útil duns cento catorce metros cadrados. Linda: tomando como fronte o acceso desde a rúa do Carme, fronte, a dita rúa e resto de predio matriz de Víctor Manuel e Jorge Luis López Lago; dereita, resto do predio matriz de Víctor Manuel e Jorge Luis López Lago; esquerda, Ovidio Tomé Cantorna; e de costas ou fondo, Víctor Manuel e Jorge Luis López Lago e resto do predio matriz.

Inscrición. Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 785 do arquivo, libro 132 do termo municipal de Negreira, folio 57, predio nº 15.836.

E para xeral coñecemento, expídese o presente edicto en Negreira, catro de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9733