Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (34/1995).

Eu, Mª Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, fago saber que neste xulgado e co número 34/1995, se tramitan autos de xuízo executivo, promovidos por Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli Atanes, contra Leite Xallas, S.C.L., sobre reclamación de cantidade de 3.756.618 pesetas de principal, máis 1.800.000 pesetas para xuros, gastos e custas, e dictouse auto cunha parte dispositiva que di:

«S. Sría. por ante min, o secretario, dixo:

Decrétase a mellora do embargo realizado sobre os bens de demandado Leite Xallas, S.C.L., declarándose embargadas as cantidades que a prol da entidade Leite Xallas, S.C.L. deban as empresas Explotaciones Ganaderas El Cruce, S.L., e Melero Distribuciones Alimenticias, S.L. Expídanse oficios ás citadas empresas para que procedan a reter e poñer á disposición deste xulgado, as sumas que deban, a prol da parte executante deste procedemento.

Así o acordou, mandou e asina Manuel Cobas Otero, xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en forma ó demandado Leite Xallas, S.C.L., que tivo o seu último domicilio coñecido en Braña Rica, s/n, Santa Comba, e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no BOP, expido o presente edicto en Negreira, vinteún de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9467