Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.870

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (411/1997-05).

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, certifica que no expediente de xurisdicción voluntaria sobre convocatoria extraordinaria de xunta da entidade Señaría e Vázquez Promotores, S.L. seguido ante este xulgado co número 411/1997, promovidos por Manuel Señarís Deus representado pola procuradora Goimil Martínez, se dictou a seguinte resolución cunha parte dispositiva que literalmente di:

«Dispoño. Convóxase a xunta xeral ordinaria da sociedade limitada Señarís e Vázquez Promotores, coa seguinte orde do día:

1. Cesamento do administrador existente e designación dun novo órgano de administración.

2. Exame das contas da sociedade que presentará o administrador único.

3. Exercicio das posibles accións legais na defensa dos intereses sociais.

Xunta que se celebrará no domicilio do notario Manuel Xulio Reigada y Montoto, sito na rúa Senra, nº 8-3º de Santiago de Compostela, o día vintenove de decembro ás dez horas na primeira convocatoria, e no mesmo lugar e hora do seguinte día, sendo presidida polo dito notario, anunciándose no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior circulación da provincia, e no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil con quince días de antelación ó sinalado para a celebración da xunta.

Espídanse os oportunos edictos que se lle entregarán ó promovente para que xestione a súa publicación, debendo acreditalo ante o xulgado unha vez verificado.

Notifíqueselle, así mesmo, persoalmente ó administrador único así como notario designado para o seu coñecemento.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación para os efectos acordados na parte dispositiva da dita resolución expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e sete.

8404