Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.677

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (331/1995-M).

En virtude do acordado en providencia dictada o día da data en xuízo oral número 331/1995, executoria do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela (A Coruña), no que foron condenados en sentencia firme, 4-10-1996, por medio do presente edicto anúnciase a venda en pública poxa, por primeira vez os seguintes bens mobles embargados da propiedade do condenado José Luis Moure López.

Os ditos bens, así como o valor da súa taxación son os seguintes:

Vehículo Marca BMW, modelo 635 CSI, matrícula C-5218-AD, valorado en 1.300.000 ptas. Faise constar que se atopa no chalé unido número 14, urbanización As Mimosas, Biduído, Ames, e que a documentación relativa a eles a ten o penado José Luis Moure López. Establécense as seguíntes regras sinaladas na Lei de axuizamento civil:

1. Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acompañado o resgardo de ter feita a consignación no BBV do importe a que se refire o artigo seguinte.Os pregos conservaranse pechados polo secretario e serán abertos no acto do remate ó publicáranse as ofertas, producindo o mesmo efecto que os que se realicen no dito acto. Só o executante poderá facer oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro. O executante que exercitase esta facultade deberá verifica-la dita cesión mediante comparecencia ante o propio xulgado que celebrara a poxa, con asistencia do cesionario, quen deberá aceptala, e todo iso logo de ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo de remate.

2. Para tomar parte na poxa deberán os lícitadores consignar previamente, no BBV, consta de consignacións do Xulgado do Penal número 2 de santiago de compostela, número 1.593, clave 71, co número de procedemento ou xuízo oral, presentado neste xulgado copia do mandamento de ingreso, unha cantidade igual, polo menos ó 20% efectivo de valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos. Devolveranse as ditas consignacións ós seus respectivos donos, acto continuo do remate, excepto a que corresponda ó mellor ofertante, a cal se reservará en depósito como garantía do cumprimento da súa obrigación, e se é o caso, como parte do prezo da venda. Tamén poderán reservarse en depósito por instancia do acreedor as demais consignacións dos ofertantes que o admitan e cubrirán o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas. As

cantidades consignadas por estes devolveránselles unha vez cumprida a obriga polo adxudicatario. A consignada por este reservarase na forma e para os fins previstos no apartado anterior.

3. O executante poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fixeran, sen necesidade de consigna-lo depósito prevido no artigo anterior.

De non haber ofertantes na primeira poxa que terá lugar o 13 de xaneiro de 1998, ás 11 horas, sinálase para a segunda o día 20 de xaneiro de 1998, ás 11 horas, no mesmo lugar, para a que servirá de tipo o 75% da valoración, non admitíndose ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

Celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día 27 de xaneiro de 1998, ás 11 horas, no mesmo lugar, sen suxeición a tipo.

Santiago de Compostela, tres de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado