Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/LU/91.2 e sete máis.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz.

Clave: N/LU/91.2.

Orzamento: quince millóns setecentas cincuenta mil trescentas sesenta e catro pesetas (15.750.364).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

2. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Baleira-Lastra.

Clave: N/LU/87.2.1.1.

Orzamento: quince millóns setecentas cincuenta mil trescentas sesenta e catro pesetas (15.750.364).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

3. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Ribadavia-Límite provincia.

Clave: N/OU/89.4.

Orzamento: catorce millóns setecentas noventa e dúas mil trescentas sesenta e seis pesetas (14.792.366).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

4. Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras: A Castela-Sobrado de clave N/AC/96.2 e Curtis-Montesalgueiro de clave N/AC/96.5.

Clave: N/AC/96.2.

Orzamento: dezaoito millóns catrocentas vintenove mil setecentas vinte pesetas (18.429.720).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

5. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Cea-Fondo de Cea.

Clave: N/OU/87.1.3.

Orzamento: quince millóns setecentas cincuenta mil trescentas sesenta e catro pesetas (15.750.364).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

6. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra A Pereira-Brandomil.

Clave: N/AC/91.35.

Orzamento: oito millóns setecentas setenta e seis mil cincocentas oitenta e tres pesetas (8.766.583).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

7. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Bertamiráns-Negreira.

Clave: N/AC/91.3.2.

Orzamento: quince millóns setenta e tres mil novecentas sesenta e oito pesetas (15.073.968).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

8. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra Escairón-Monforte de Lemos III.

Clave: N/OU/85.2.1.4.

Orzamento: dezasete millóns oitenta e nove mil trescentas cincuenta e dúas pesetas (17.089.352).

Prazo de execución: 22 meses.

Clasificación: non se esixe. A solvencia económica e financeira, técnica ou profesional, efectuarase por calquera dos medios que se enumeran nos artigos 16 e 19 da Lei de contratos das administracións públicas ou ben mediante a constancia rexistral de posuír clasificación no grupo I, subgrupo 2.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficinas, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata. A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do terceiro día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda