a) Obra.
1. Urbanización rúa de circunvalación: prolongación da rúa Manuel Álvarez, A Guarda. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Concello da Guarda 23/09/97.
Clave: CC/PO/97.4.
Orzamento: noventa e dous millóns de pesetas (92.000.000).
Prazo de execución: 18 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.
Garantía provisional: 1.840.000.
(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do plazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
g) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1997.
P.D.(Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda