Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997 pola que se anuncia a redacción do proxecto básico e de execución dun IES en Boiro (A Coruña), polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: IES en Boiro, A Coruña.

2.1. b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 45 días

2.1. c) Orzamento base de licitación:

Importe total: 8.554.442 ptas.

2.1. d) Fianza provisional: 2% do orzamento de contrata.

2.1. e) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención da documentación e información.

3.1. Información:

3.1.a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).

3.1.b) Domicilio: edificio Adtvo. San Caetano, s/n. e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3.1.c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

3.2. Documentación:

3.2.a) Teléfono: (981) 58 89 38.

3.2.b) Domicilio: rúa Xeneral Pardiñas, nº2. Santiago de Compostela.

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

4.1. Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

4.2. Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

4.3. Lugar da presentación:

4.3.a) Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.3.b) Domicilio: edificio Adtvo. San Caetano, s/n

4.3.c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

4.4. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

4.5. Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

5. Apertura das ofertas.

5.1. Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (Sala de xuntas).

5.2. Domicilio: edificio Adtvo. San Caetano,s/n.

5.3. Localidade: Santiago de Compostela.

5.4. Data: o terceiro día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións, se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

5.5. Hora: 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1997.

P.D.(Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria