Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.677

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios, convocado por Resolución do 17 de setembro de 1997.

Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 17 de setembro de 1997, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia,

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta orde.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario está na mesma localidade, ou dun mes se está en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1997.

P.D. (Resolución 13-11-1997)

Sergio Casas Fernández

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: Secretaría do Vicerrector de Investigación e Terceiro Ciclo.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Furelos Costoya, Teresa.

DNI: 33.248.546.